logo paquebote
38 libros encontrados buscando autor: Antonio Reigosa

www.paquebote.com > Antonio Reigosa

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788488681485

13.A NOITE DOS PESADELOS.(AD/VERDE +10 AÑOS)

Editorial: Tambre   Fecha de publicación:   
Precio: 9,10
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

84-9782-194-7

Arrepíos e outros medos «Historias galegas de fantasmas e de terror»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

“Arrepíos e outros medos” recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar.
O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.


ISBN:

84-9782-115-7

Contos prodixiosos, II

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Estes dous volumes de Contos prodixiosos completan a colección Cabalo buligán, nacida hai cinco anos para recuperar e actualizar o conto popular de tradición oral galego. Preparados como as anteriores entregas polos escritores lucenses Xosé Miranda e Antonio Reigosa, a partir de versións orais existentes na actualidade, estes contos prodixiosos dan conta de algo ou alguén extraordinario que intervén na breve historia que refiren. Ás veces, o prodicio, a marabilla, é obra dun ser sobrenatural; outras, en cambio, é produto da habilidade e da capacidade dun personaxe listo que supera a situación con intelixencia. Sempre, en todo caso, como sinalan os autores, será o lector o que faga posible o prodicio do que se fala. O segundo volume, Contos prodixiosos II, que completa a vintena de entregas de Cabalo buligán, pon a disposición dos lectores contos que, dentro da clase de contos fantásticos, pertencen a unha nova categoría, a dos chamados relixiosos, pois son sempre protagonizados por Deus, por Xesús, polos santos e polo demo. Con todo, baixo a superficie pía destes contos, estásenos contando algo ben semellante o que se estaban contando nos de maxia, marabillosos, fantásticos ou de encantamento. Son estes, pois, estes os contos relixiosos de Cristo e san Pedro peregrinos en Galicia. O volume ilustrado por Chus Ferrín, inclúe o conto ?o vello e as lampadiñas da vida?, preparado por Antonio Reigosa e unha serie doutros máis breves, reesritos por Xosé Miranda, como ?Cristo e san Pedro en Galicia?, ?Os tres desexos?, ?A fonte no cu do lobo?, ?o ladrón transformado en asno?, ?o pecador resucitado?, ?A devota e o blasfemo?, ?Por qué é calvo san Pedro?, ?por qué a lúa está marxada?, ?As tres rosas? ou ?A fuxida de Exipto?.


ISBN:

84-8302-797-6

Máis contos de animais I "Contos da tradición oral de Galicia"

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

A colección Cabalo buligán reúne con­tos da nosa tradición oral, son as no­sas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un con­to. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou prin­cesas,en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corre­doiras da imaxinación.Os catro números da colección Cabello buligán dedicados ós contos de animais veñen a encher un oco baleiro no coñecemento, e no gozo, dos nosos contos e fábulas protago­nizados por animais.Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba transmítennos a través destes contos, aqueles míticos tempos "cando os animais falaban".


ISBN:

84-8302-798-4

Máis contos de animais II "Contos da tradición oral de Galicia"

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

A colección Cabalo buligán reúne con­tos da nosa tradición oral, son as no­sas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un con­to. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou prin­cesas,en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corre­doiras da imaxinación.Os catro números da colección Cabello buligán dedicados ós contos de animais veñen a encher un oco baleiro no coñecemento, e no gozo, dos nosos contos e fábulas protago­nizados por animais.Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba transmítennos a través destes contos, aqueles míticos tempos "cando os animais falaban".


ISBN:

84-8302-550-7

Contos de parvos e pillos, II

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous volumes que titulan "Contos de parvos e pillos I e II" a un tipo de relatos orais que se distinguen doutros porque sempre hai un protagonista e un antagonista que son unha cousa ou a outra. Non sempre gaña o pillo, pois, como na vida, moitas veces o aparente parvo resulta ser un disfrace dun grandísimo pillabán. Contos moi divertidos que agochan o riso inxenuo, a burla inocente, nos que aboia a retranca do país."Contos de parvos e pillos I e II" dan continuidade ao amplo e rico abano de relatos orais tirados da tradición oral de Galicia, contos marabillosos, de maxia, de encantamento ou de animais. Unha edición coidada e un tratamento da ilustración de gran calidade iluminan esta sorprendente oferta literaria.O volume "Contos de parvos e pillos II", ilustrado por Hoa-binh Melgar, reúne os contos recreados por Xosé Miranda ("O galo, a escada e a fouciña", "As perdices do convite", "O matalobos", "o parvo e o xigante", "Bastián e Crispín", "os dez mandamentos", "O corazón do touro barroso", "Un bicho descoñecido") e por Antonio Reigosa ("O adiviñador").Cabalo buligán é un proxecto único en Galicia, que coa presente entrega acada os dezaoito títulos publicados, de recuperación e recreación da literatura de tradición oral que convida a lectores de tódalas idades a ler e contar.


ISBN:

84-8302-236-2

Contos de parvos e pillos, I

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous volumes que titulan "Contos de parvos e pillos I e II" a un tipo de relatos orais que se distinguen doutros porque sempre hai un protagonista e un antagonista que son unha cousa ou a outra. Non sempre gaña o pillo, pois, como na vida, moitas veces o aparente parvo resulta ser un disfrace dun grandísimo pillabán. Contos moi divertidos que agochan o riso inxenuo, a burla inocente, nos que aboia a retranca do país."Contos de parvos e pillos I e II" dan continuidade ao amplo e rico abano de relatos orais tirados da tradición oral de Galicia, contos marabillosos, de maxia, de encantamento ou de animais. Unha edición coidada e un tratamento da ilustración de gran calidade iluminan esta sorprendente oferta literaria.O volume "Contos de parvos e pillos I", ilustrado por Marcela Santorun, reúne os contos recreados por Xosé Miranda ("Ben pode ser") e por Antonio Reigosa ("As tres preguntas do rei", "Canto de hai e non hai", "O santo milagreiro", "Un pequeño xornal" e "O cura de Redondela", "O mentirán", "Xoán e Xoana", "O galego antes do naufraxio", "O Roso e o Mangante", "O conto de nunca acabar", "Contos falsos", "¿Queres que cho conte?", "Maneiras de contar os días da semana").


ISBN:

84-8302-907-3

Cando os animais falaban «Cen historias daquel tempo»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: Cartonado 23 x 25 cm.
Precio: 33,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como
" Érase unha vez " ,
" Desta era "
ou
" Nos tempos de Maricastaña " . O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro.
Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.


ISBN:

84-8302-903-0

Memorias dun raposo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: Rústica, 13,50 x 19 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó. Outros, coma se fose o demo, chámanno O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela dos homes.Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre.


ISBN:

84-8302-705-4

Pequena mitoloxía de Galicia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: Cartonado 23 x 25 cm.
Precio: 31,95
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro… Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas
aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras. Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa. Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños,
tardos e outros seres da mitoloxía galega.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal